lunes, 30 de enero de 2012

Leituga en botellas, lechuga en botellas de plástico



Este sábado estivo un día moi soleado e tocou facer traballos na horta, realmente apetecía estar ao sol da tarde. Este inverno non é moi frio e  naceu leituga ventureira, a Cris ocurriuselle a idea de transplantar uns pes aos botellóns de auga, e alá que foi. Cortou os botellóns, encheunos de terra con abono e transplantou alí  uns cantos pés de leituga, para rematar reguonas e cubruinas co resto do botellón. A diferencia é considerable, por ese motivo este sábado plantou máis leituga do mesmo xeito.

Este sábado estubo un día muy soleado y toco hacer trabajos de huerta, realmente apetecía estar al sol de la   tarde. Este invierno no es muy frío y nació lechuga de forma espontánea, a Cris se le ocurrió la idea de transplantar unos pies a unos botellones de agua, y lo hizo. Cortó los botellones, los llenó de tierra con abono y transplantó allí unos cuantos pies, para acabar les echó agua y los cubrió por encima con el resto del botellón. La diferencia es considerable, por ese motivo este sábado plantó más lechuga del mismo modo.     
                                     



Na foto que tedes abaixo podedes comprobar a diferencia entre a leituga que foi transplantada hai días e a que se mantivo na terra. En poucos días poderemos comer de novo leituga, estou encantada.

En la foto que teneis abajo podeis comprobar la diferencia entre la lechuga que fue transplanatada hace unos días y la que se mantuvo en la tierra. En pocos días podremos comer de nuevo lechuga, estoy encantada.


Cris aproveitou tamén para porlle arxóns as ervillas, esperamos que medren pronto ainda que parece que van a medo, lentiñas lentiñas. 
En primeiro plano na foto están as fabas, detrás as ervillas e a seguir verdura. Pola outra banda están os allos e as cebolas, e detrás hai repolo e tamén brocoli pero dame a min que pouco van dar porque están medio pasmados. Esperemos a ver. Hai tantas cousas prantadas que non sei onde imos meter as patacas este ano, quédanos moi pouco espacio.


Cris aprovechó para poner las varas a los guisantes, esperamos que crezcan pronto, aún que van muy lentas. En primer plano de la foto están las habas, detrás los guisantes, y siguiendo la verdura. Por  el otro lado están los ajos, las cebollas, y detrás hay repollo y también brócoli, pero creo que van a dar muy poco fruto porque están medio pasmados. Esperemos a ver. Hay tantas cosas plantadas que no se donde vamos a poner las patatas este año, nos queda muy poco espacio.


domingo, 29 de enero de 2012

Reutilizar, ¿Cómo doblar bolsas de plástico?

Procuramos usar cada vez menos bolsas de plástico, pero sempre aparecen algunhas. A min particularmente póñenme dos nervios as bolsas  embruñadas, por ese motivo as doblamos sempre, así ocupan pouco espacio e pódense empregar en outra ocasión. O encargado de doblalas desta volta  foi Dani, e como vedes dáselle moi ben.

Procuramos usas cada vez menos bolsas de plástico, pero siempre aparecen algunas. A  mi particularmente me ponen de los nervios las bolsas arrugadas por ese motivo las doblamos siempre, sí ocupan poco espacio y se pueden usar en otra ocasión. El encargado de doblarlas en esta ocasión fue Dani, y como veis se le da muy bien.


Estas xa estan dobladas, ocupan pouco espacio e están listas para reutilizar.

Partimos da bolsa embrullada

Estiramos a bolsa e deixamola con forma de camiseta.


                                                         Doblamos a bolsa pola metade,
                                                             e de novo sobre si mesma
     


Doblamos a esquina final en forma de triángulo


  



Continuamos doblando en forma de triangulo
ata chegar ao final. Para rematar metemos
o cachiño que nos queda dentro dos anteriores  e xa está a nosa bolsa doblada.



domingo, 15 de enero de 2012

Outra toquilla a ganchillo /shawl crochet

Fai tempo Morocha pasoume unhas revistas que tiña moi, moi velliñas,  repasándoas atopei auténticas maravillas e para mostra  outro mantón, ¿que? ¿gustavos?. Tamén vos deixo os patróns, para que vos animedes, porque do mesmo xeito que mos regalaron tamén me gusta compartir. 

Hace tiempo Morocha me paso unas revistas que tenía muy viejas, repasándolas encontré auténticas maravilllas y para muestra otro mantón, ¿que?, ¿os gusta?. También os dejo los patrones para que os animeis, porque del mismo modo que  me los regalaron también me gusta comparatir.







Vendo a cor que ten o papel do patrón xa nos facemos unha idea do tempo que ten, é de marzo do 77, ousexa que ten  casi 35 anos... 

Viendo el color que tiene el papel del patrón ya nos hacemos una idea del tiempo que tiene, es de marzo del  77, osea que tiene casi 35 años...
 Morocha pasoume en total mais de 20 revistas e en todas elas hai cousas interesantes que vos irei amosando pouco a pouco.

Morocha me paso en total más de 20 revistas y en todas ellas hay cosas interesantes que os iré mostrando poco a poco.

martes, 10 de enero de 2012

Un xersei ben quentiño

Este é o xersei que lle fixen para Dani, é unha adaptación do patron dunha revista, tamén vos poño unha copia do orixinal para que comparedes. Como vedes púxenlle un cuello doble fixo.. 

Este es el jersey que le hice a Dani, es una adaptación del patrón de una revista, también os pongo una copia del original para que compareis. Como veis le puse el cuello doble fijo..


Variei as mangas,  e fíxenlle un invento medio ranglan medio ...uf non sei como chamarlle pero o resultado gustoume.
Varié las mangas, e hice un invento medio ranglán medio... no se como llamarle pero me gustó el resultadol


e tamén lle variei o detalle da manga, fíxenlle un motivo distinto e continueillo ata o cuello.
también le varie el detalle de la manga, le hice un motivo distinto y lo continué hasta el cuello.


Este é o modelo da revista, os patrons para talla 4 anos pero eu adapteinos para Dani, (Tiene 8 pero talla 10). Tamén variei a lan, eu tecin coa lan merino de Katia.  

Este es el modelo de la revista, los patrones son para la talla 4 años pero yo los adapté para Dani, (Tiene 8 pero talla 10). También varié la lana, usé la merino de Katia.


Aquí vos deixo os patróns por si a algunh@ vos apetece tecer un pouquiño


viernes, 30 de diciembre de 2011

Mais froitas que follas

Mirade estes cítricos que temos na casa, a cidra chámalle a atención a todo o mundo porque como vedes ten máis froitos que follas, a mágoa é que apenas zume teñen, o limoeiro tamén está cheo de limóns, pero estes sí que teñen moito zume, a chiñeira  está bastante cargada si a comparamos co tamaño que ten a árbore.






Mirade estes cítricos que temos na casa, a cidra chámalle a atención a todo o mundo porque como vedes ten máis froitos que follas, a mágoa é que apenas zume teñen, o limoeiro tamén está cheo de limóns, pero estes sí que teñen moito zume, a chiñeira  está bastante cargada si a comparamos co tamaño que ten a árbore.

Os guantes de Dani

Levaban tempo empezados pero por fin chegoulles a hora e hoxe remateillos. 
Como vedes son moi sinxelos, (os próximos traballareinos mais). Están feitos con 5 agullas, montei 40 puntos para o canelón e o rematarllo engadinlle 10 máis  intercalados ata chegar ós 50. Os dedos son moi sinxelos fanse cada un por separado (evidentemente) a punto tubular con só 2 agullas como está indicado no tutorial de esperosas   http://www.youtube.com/watch?v=L4zP2hwg598







Llevaban tiempo empezados pero por fin les llego la hora y hoy los terminé.
Como veis son muy sencillos (los próximos los trabajaré mas). Están hechos con 5 agullas, monté 40  puntos para el canelón y al terminarlo le añadí 10 más intercalados hasta llegar a los 50. Los dedos son muy fáciles, se hacen cada uno por separado (evidentemente) a punto tubular con sólo 2 agujas como está indicado en el tutorial de esperosas


jueves, 8 de diciembre de 2011

Paquetiños de mazá



Despois de tampo tempo, imos volver con algo doce  para suavizar os paladares, animádevos a facelos porque son   rápidos é están moi bos.

Después de tamto tiempo, vamos a volver con algo dulce para suavizar los paladares, animaros a prepararlos porque sib rápidos e están muy buenos.

Ingredientes:
Masa follada/ Masa de hojaldre
Mazás/Manzanas
Zucre/Azucar
Canela
Zume de limón
Cortamos a masa follada en cuadrados (nos facémolos dentro dos moldes de madalenas) e colócamolos no molde.
Cortamos el hojaldre y lo colocamos en los moldes de magdalenas

Pelamos as mazás, cortamolas en cachos e colócamolos dentro dos sobres de de masa, engadimos zucre, canela e unhas gotas de zume de limón.
Pelamos las manzanas, las cortamos en trozos y las colocamos dentro de los sobres de masa, añadimos azúcar, canela y unas gotas de zumo de limón.

Pechamo-los sobre con unha pequena presión e metémolo no forno ata que estéan dorados. Bo proveito
Cerramos los sobres con un poquito de presión y los metemos en el horno hasta que estén dorados. Buen provecho



lunes, 23 de mayo de 2011

A Toquilla de Noelia

Dixéravos  que ía ser tiabuela de novo, pois ben Noelia naceu o 27 de abril pasado. É unha fermosa bonequiña morena que se portou moi ben porque tardou uns días a nacer e así deume tempo a min a rematarlle o seu agasallo. Que vos parece. Tomei como referencia a anterior toquilla que fixera pero engadinlle mais detalles. Está feita coa lan de bebes de  Lanas Stop e teño que reconocer que me gusta mais  o resultado  coa lan de Katia pero bueno agora xa non ten remedio.




Os dije que sería tíabuela de nuevo, pues bien Noelia nació el pasado 27 de abril. Es una preciosa muñequita morena que se porto muy bien porque tardo unos días en nacer y así me dio tiempo para acabar su regalo. Que os parece. Tomé como referencia la toquilla que hice anteriormente pero le añadí mas detalles. Esta hecha con lana de bebes de Lanas Stop y tengo que reconocer que me gusta más el resultado con la lana de Katia. pero bueno ahora ya no tiene remedio.

¿Queredes coñecer a Noelia?  Pois veña, ahí vai e de propina a súa irmán Ana, que vay facer 2 aniños e tamén fai de mama.
                                                                          



jueves, 19 de mayo de 2011

A nosa horta

A nosa horta

Dixenvos que tiñamos unha horta, pero nunca vola amosei, agora vai. Nos non empregamos ningún tipo de producto químico, nin para o control de plagas nin para o desarrollo das plantas. Facémolo compost cos restos da casa, coa herba que cortamos, e con algún abono de coello. Tamén preparamos purín de ortigas e consuelda que lle axuda moito o medrío das prantas


A nosa horta ten uns cen metros cadrados, e aquí plantamos e sementamos practicamente de todo, neste momento esta un pouquiño abandoada, ten bastantes herbas que non foron convidadas a estar, pero ímolas deixar uns días mais antes de arrincalas.
Neste momento a maior extensión está adicada as patacas por certo ¿algunha sabe como eliminar os escarabellos rallados? eses intrusos resulan moi molestos.
As fabas están dando as últimas deste ano, pero xa nos demos boas panchadas delas, recollemolos chícharos a semana pasada. Agora están en producción as fresas, as espinacas a verdura e tamén podemos coller algunhas cenouras e as cebolas das primeiras que sementamos. Este inverno foi moi húmido por aquí e os allos estragáronsenos, estan refillando todos de novo e imos ter que tiralos. Os tomates e os pementos están aínda moi pequenos, e esta semana prantaremos os calabacíns e algo mais. 



martes, 17 de mayo de 2011

Minicroisants made in "feitonacasa"


Bo día despóis de tanto tempo, hoxe é festivo por estas terras. É o día das nosas letras, AS LETRAS GALEGAS. Mais tarde pasarémonos pola feira do libro pero agora voulle adicar un momentiño ao blogue que leva demasiado tempo abandoado.

Esta receita vai adicada en especial para as rapazas do ANPA, que coma min son moi larpeiras e non teñen ningun problema coa operación bikini ;-). Na nosa casa teñen moitisimo éxito, espero que tamén o teñan na vosa. A receita base é unha masa fermentada, que "tuneei" un pouquiño.

Ingredientes para a masa:
500 g aprox. de fariña / harina
30 g de lévedo de panadeiro / levadura de panadero
60 g de zucre / azúcar
1/4 litro de leite tépeda /l eche templada
1 ovo / huevo
Un chisco de sal / una pizca de sal
60 g de manteiga ou margarina de cociñar / mantequilla o margarina de cocinar 
Reladura da pel dun limón / la ralladura de un limón

Para untar:
60 gramos  de manteiga  derretida/  60 gramos  de mantequilla derretida
60 gramos de zucre /  60 gramos de azúcar

Preparación:

Pomos a fariña nun recipiente amplio facemos un burato no centro e desfacemos ahí a levadura con un chisquiño de leite tépedo. Deixamos levedar durante uns 15 minutos.

Ponemos la harina en un recipiente amplio, hacemos un hoyo en el centro y déshacemos ahí la levadura con un poquito de leche.



Pasado este tempo engadimos o resto dos ingredientes e amasamos moi ben ata que a masa estea perfeitamente ligada e deixamos repousar uns 30 minutos mais.

Pasado este tiempo incorporamos el resto de los ingredientes y amasamos muy bien hasta que esté perfetamente ligada y dejamos reposar unos 30 minutos más.


Estiramola masa ata que teña uns 3 ou 4 milímetros, untámola coa manteiga derretida, salpicámoslle o zucre por riba.

Estiramos la masa hasta que tenga unos 3 o 4 milímetros, la untamos  con la mantequilla derretida y le salpicamos el azúcar por encima.


Cortamos uns triangulos con un corta pastas ou un coitelo
Cortamos unos triángulos con un corta pastas o un cuchillo



Enrroscámolos comezando pola parte mais ancha, e pómolos nunha bandexa forrada con papel de forno, hai que deixar espazo entre eles porque medran moito.

Los enrollamos comenzando por la parte mas ancha y los ponemos en una bandeja  forrada de papel de horno, hay que dejar espacio entre ellos porque crecen mucho.



Deixamolos que léveden ata ter o dobre de tamaño (no forno medran mais), pintámolos con unha mezcla de leite e manteiga derretida a partes iguais e metémolos no forno (no meu a 170º co ventilador ) ata que estean dorados

Los dejamos levedar hasta que doblen el tamaño (en el horno aún crecen más), los pintamos con una mezcla de leche y mantequilla derretida a partes iguales y los metemos en el horno (en el mio a 170º con el ventilador) hasta que esten dorados.



Espolvoreamos con zucre moido e listos para comer.
Espolvoreamos con azúcar molido y listos para comer.