Mostrando entradas con la etiqueta A nosa horta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A nosa horta. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de mayo de 2012

Ervillas e fabas, guisantes y habas

Este ano tivemos moitísimas ervillas e fabas, estamos rematando de colleitalas.
Temos unha lingua tan rica coma eles, que nos permiten chamarlle de distíntos xeitos, chícharos, ervellas.



.

  As fabecas da pranta a meseta.
Las vainas de la planta a la meseta


Agora xa están preparados para cociñar ou conxelar.
Ahora ya están preparados para cocinar o congelar.



lunes, 30 de enero de 2012

Leituga en botellas, lechuga en botellas de plástico



Este sábado estivo un día moi soleado e tocou facer traballos na horta, realmente apetecía estar ao sol da tarde. Este inverno non é moi frio e  naceu leituga ventureira, a Cris ocurriuselle a idea de transplantar uns pes aos botellóns de auga, e alá que foi. Cortou os botellóns, encheunos de terra con abono e transplantou alí  uns cantos pés de leituga, para rematar reguonas e cubruinas co resto do botellón. A diferencia é considerable, por ese motivo este sábado plantou máis leituga do mesmo xeito.

Este sábado estubo un día muy soleado y toco hacer trabajos de huerta, realmente apetecía estar al sol de la   tarde. Este invierno no es muy frío y nació lechuga de forma espontánea, a Cris se le ocurrió la idea de transplantar unos pies a unos botellones de agua, y lo hizo. Cortó los botellones, los llenó de tierra con abono y transplantó allí unos cuantos pies, para acabar les echó agua y los cubrió por encima con el resto del botellón. La diferencia es considerable, por ese motivo este sábado plantó más lechuga del mismo modo.     
                                     



Na foto que tedes abaixo podedes comprobar a diferencia entre a leituga que foi transplantada hai días e a que se mantivo na terra. En poucos días poderemos comer de novo leituga, estou encantada.

En la foto que teneis abajo podeis comprobar la diferencia entre la lechuga que fue transplanatada hace unos días y la que se mantuvo en la tierra. En pocos días podremos comer de nuevo lechuga, estoy encantada.


Cris aproveitou tamén para porlle arxóns as ervillas, esperamos que medren pronto ainda que parece que van a medo, lentiñas lentiñas. 
En primeiro plano na foto están as fabas, detrás as ervillas e a seguir verdura. Pola outra banda están os allos e as cebolas, e detrás hai repolo e tamén brocoli pero dame a min que pouco van dar porque están medio pasmados. Esperemos a ver. Hai tantas cousas prantadas que non sei onde imos meter as patacas este ano, quédanos moi pouco espacio.


Cris aprovechó para poner las varas a los guisantes, esperamos que crezcan pronto, aún que van muy lentas. En primer plano de la foto están las habas, detrás los guisantes, y siguiendo la verdura. Por  el otro lado están los ajos, las cebollas, y detrás hay repollo y también brócoli, pero creo que van a dar muy poco fruto porque están medio pasmados. Esperemos a ver. Hay tantas cosas plantadas que no se donde vamos a poner las patatas este año, nos queda muy poco espacio.


viernes, 30 de diciembre de 2011

Mais froitas que follas

Mirade estes cítricos que temos na casa, a cidra chámalle a atención a todo o mundo porque como vedes ten máis froitos que follas, a mágoa é que apenas zume teñen, o limoeiro tamén está cheo de limóns, pero estes sí que teñen moito zume, a chiñeira  está bastante cargada si a comparamos co tamaño que ten a árbore.






Mirade estes cítricos que temos na casa, a cidra chámalle a atención a todo o mundo porque como vedes ten máis froitos que follas, a mágoa é que apenas zume teñen, o limoeiro tamén está cheo de limóns, pero estes sí que teñen moito zume, a chiñeira  está bastante cargada si a comparamos co tamaño que ten a árbore.

jueves, 19 de mayo de 2011

A nosa horta

A nosa horta

Dixenvos que tiñamos unha horta, pero nunca vola amosei, agora vai. Nos non empregamos ningún tipo de producto químico, nin para o control de plagas nin para o desarrollo das plantas. Facémolo compost cos restos da casa, coa herba que cortamos, e con algún abono de coello. Tamén preparamos purín de ortigas e consuelda que lle axuda moito o medrío das prantas


A nosa horta ten uns cen metros cadrados, e aquí plantamos e sementamos practicamente de todo, neste momento esta un pouquiño abandoada, ten bastantes herbas que non foron convidadas a estar, pero ímolas deixar uns días mais antes de arrincalas.
Neste momento a maior extensión está adicada as patacas por certo ¿algunha sabe como eliminar os escarabellos rallados? eses intrusos resulan moi molestos.
As fabas están dando as últimas deste ano, pero xa nos demos boas panchadas delas, recollemolos chícharos a semana pasada. Agora están en producción as fresas, as espinacas a verdura e tamén podemos coller algunhas cenouras e as cebolas das primeiras que sementamos. Este inverno foi moi húmido por aquí e os allos estragáronsenos, estan refillando todos de novo e imos ter que tiralos. Os tomates e os pementos están aínda moi pequenos, e esta semana prantaremos os calabacíns e algo mais.