jueves, 8 de febrero de 2018

Xersei, con paso a paso de punto fantasía 1 (DIY sweater knit)


O meu propósito para este ano é ir rematando cousas que xa teño empezadas (e que son moitas). Rematálas todas xuntas sei que é misión imposible, por iso vou ir intercalando unha labor nova con unha xa empezada fai temo. Unha desas labores é este  xersei con un aire tan oitenteiro que está tecido coa variedade Alaska de Ovillos.com


É o quinto xersei que fago con esta variedade de lan, e xa sei por experiencia que o resultado vai ser moi bo, ten unha gran cantidade de alpaca na súa mezcla






Para tecer, nada como agullas metálicas como estas knit de doble punta


 Para o punto  é preciso un número de puntos múltiplo de 4 mais dous puntos para os orillos.



1ª volta: 1p. orillo, *2p dereitos, fío, 2p dereitos e montar o fío sobre os 2p dereitos* 1 p orillo


             

2ª e 4ª volta: todos os puntos do revés 


3ª volta: 1p. de orillo, *fío, 2p. dereito e montar o fío sobre os 2 p. dereito, 2p. dereito*


Repetir de 1ª a 4ª volta