Neste blog podedes atopar unha gran variedade de manualidades, dende punto de cruz ata traballos en pedra, pasando por vainicas, macramé, abalorios, piqué, etc e tamén un pequeno apartado adicado a nosa horta e a cociña, en resumen, un pouco de nos. Esperamos que vos guste.

Seguidores

jueves, 21 de junio de 2012

Lipdub dos nenos do cole


Os profes e rapaces do noso cole fixeron un lipdub coa canción "Sementeira". O noso é un cole pequeno, 150 nenos e 15 mestres,  hai poucos recursos porque é unha escola pública, pero o que si temos é un feixe de rapaces estupendos e un grupo de mestres con moitas ganas de traballar e de facer que os nosos rapaces medren cada día en  coñecementos  en habilidades e sobre todo como persoas.  

Como nai síntome orgullosa do CEIP de RANDUFE,   nel estudei eu, e nel  empezaron a  formarse as miñas fillas e agora o meu fillo pequeno. Esta é unha entrada de agradecemento para tódolos mestres que con poucos recursos  conseguiron e consiguen facer este cole máis grande.  

Un bico grande a todos.


Los profes y niños de nuestro cole hicieron un liudub con la canción "sementeira" (siembra). Nuestro cole es pequeño, 150 niños y 15 profes, tenemos pocos recursos porque es una escuela pública, pero lo que si tenemos es un monton de niños estupendos y un grupo de profesores con muchcas ganas de trabajar y de hacer que nuestros niños crezcan cada día en conocimientos, en habilidades y sobre todo como personas.

Como madre me siento orgullosa del CEIP de RANDUFE, en él estudié yo, y en el se empezaron a formar mis hijas y ahora mi hijo pequeño. Esta es una entrada de agradecimiento para todos los profes que con pocos recursos consiguieron y consiguen hacer este cole más grande.

Un beso grande a todos.

1 comentario:

  1. A miña filla temen estuda nun colexio público e eu tamen coma ti me sinto moi agradecida os mestres que fan que o Ceip Agro do Muiño sexa un pequeno gran cole. Bicos Cris

    ResponderEliminar