jueves, 19 de mayo de 2011

A nosa horta

A nosa horta

Dixenvos que tiñamos unha horta, pero nunca vola amosei, agora vai. Nos non empregamos ningún tipo de producto químico, nin para o control de plagas nin para o desarrollo das plantas. Facémolo compost cos restos da casa, coa herba que cortamos, e con algún abono de coello. Tamén preparamos purín de ortigas e consuelda que lle axuda moito o medrío das prantas


A nosa horta ten uns cen metros cadrados, e aquí plantamos e sementamos practicamente de todo, neste momento esta un pouquiño abandoada, ten bastantes herbas que non foron convidadas a estar, pero ímolas deixar uns días mais antes de arrincalas.
Neste momento a maior extensión está adicada as patacas por certo ¿algunha sabe como eliminar os escarabellos rallados? eses intrusos resulan moi molestos.
As fabas están dando as últimas deste ano, pero xa nos demos boas panchadas delas, recollemolos chícharos a semana pasada. Agora están en producción as fresas, as espinacas a verdura e tamén podemos coller algunhas cenouras e as cebolas das primeiras que sementamos. Este inverno foi moi húmido por aquí e os allos estragáronsenos, estan refillando todos de novo e imos ter que tiralos. Os tomates e os pementos están aínda moi pequenos, e esta semana prantaremos os calabacíns e algo mais. 



6 comentarios:

  1. Que envexa!!!...sana... pero envexa.... quen poidera plantar a horta co rico que sabe todo o natural... eu dende que meu pai non pode facelo estou que arrecendo..gustame tanto os productos naturais é eu non podo sachar.... en fin... tes unha horta moi feiticiña...Xa lle preguntarei a meu pai o dos escarabellos.... biquiños.

    ResponderEliminar
  2. Sempre é un pracer recibir novas tuas e aínda máis pasar polo teu blog,este que tanto me engancha... jejeje pois devólvesme a delicia de recordar a miña terriña e as miñas costumes,non deixes de visitarme,eu farei o mesmo... biquiños.

    ResponderEliminar
  3. Ola, acabo de atopar este blog: parabéns! En canto á pregunta sobre o escarabello, disque é moi bó plantar ao redor da parcela adicada ás patacas, plantas de caléndula, porque non lles gusta nada!! Ogallá vos funcione, xa o contaredes. Saúdos!

    ResponderEliminar
  4. Imos provar este ano, pero seguro que tes razón, habitualmente plantamos caléndulas, albahaca e taxetes polo medio dos tomates e pementos e deste xeito evitámola bichuilla.

    ResponderEliminar
  5. Magnifico ese huerto ! Tiene un aspecto estupendo y seguro que os proporciona excelentes productor.

    ResponderEliminar
  6. Tienes razón Cristina, consumimos muchas verduras pero apenas compramos, consumimos en temporada y congelamos los excedentes

    ResponderEliminar