Neste blog podedes atopar unha gran variedade de manualidades, dende punto de cruz ata traballos en pedra, pasando por vainicas, macramé, abalorios, piqué, etc e tamén un pequeno apartado adicado a nosa horta e a cociña, en resumen, un pouco de nos. Esperamos que vos guste.

Seguidores

sábado, 25 de diciembre de 2010

Poesias de Nadal "made in" feito na casa

UN NADAL PARTICULAR
por Sara Freiría 5º curso

Chegaron xa os pastores
ao portal de Belén
todos queren  ter entradas
para ver ao recén.

Pero como eran moi caras,
cinco euros cada unha
decidiron quedar fóra
esperando a luz da lúa.

O caseiro do pesebre
decidiu baixalo prezo,
porque a cinco euros cada unha
aínda non vendeu ningunha.

Como xa era moi tarde
e o neno non nacera,
correndo marcharon todos
a buscar unha enfermeira.

Por fin xa naceu  o neno,
catro quilos que pesaba,
como era tan gordiño
houbo que polo na palla.

Xa deran as doce da noite
cando un bocexo se oía
era a pobre María
que enriba da vaca durmía.

Pasadas as doce da noite
chegaron os Reis en limusina
e de tocar tanto a bocina
espertaron a María.


PAPÁ NOEL EN APUROS
por Laura Freiría 3º curso

Este ano Papá Noel,
pasouse cos polvoróns,
e ó ir a vestirse
rachou os pantalóns.

Ó montar no trineo
miruo que non voaba
e foi chamar a grúa,
para que de alí o levara.

O  entrar na cheminéa,
no medio quedou atrancado,
e viñeron os bombeiros
para dalí poder sacalo.

O chegarn os bombeiros
puxaron para baixo e para riba
peron non o deron sacado
por ter moi gorda a barriga.

O reno tivo unha idea
para podelo sacar
untalo todo en manteiga
e pola barba puxar.

Papa Noél decidiu
que dende ese día
comería menos polvoróns
e ao ximnasio se apuntaría.

jueves, 23 de diciembre de 2010

Bo Nadal e Próspero Aninovo a todos



Quero desexarvos a tod@s un Bo Nadal na compaña de quen desexedes, sen sobresaltos e con moita tranquilidade. Que os vosos desexos se cumplan pouco a pouco e que o vindeiro ano sexa mellor ca este que remata. Moitos bicos.

Quiero desearos a tod@s  una Feliz Navidad en la compañía e quien deseéis, sin sobresaltos y con mucha tranquilidad. Que vuestros deseos se cumplan poco a poco y que el próximo año sea mejor que este que se acaba. Muchos besos.

Para endulzar un pouco máis as festas aquí tedes unhas pastas de manteiga feitas na manga pasteleira.

Para edulzar un poco más estas fiestas aquí teneis unas pastas de mantequilla hechas en la manga pastelera.

Ingredientes:
300 gr de manteiga/mantequilla
250 gr de zucre moido/azúcar molido
125 gr de maicena
1 taza de leite templada/leche templada
1 pizca de sal
Raiadura de limón/ralladura de limón
500 gr de fariña/harina.
Baño de chocolate ou mermelada.

Por nun bol a manteiga ablandada xunto co zucre e a maicena ata que se mezcle ben. Engadir a reladura do limón o leite  e a fariña pasada polo colador, amasar ben ata que teña unha consistencia boa para a manga pasteleira (engadir máis fariña ou leite se o precisa).



 Por papel de forno nunha bandexa e formar sobre ela unas pequenas pastas, porlle no medio unha gotiña de marmelada ao gusto meter no forno a uns 175º ata que estéan doradas. Sacar e deixar enfriar. Opcionalmente pódense cubrir parte delas con chocolate.


Poner en un bol la mantequilla ablandada con el azúcar y la maicena hasta que se mezcle bien. Añadir la ralladura de limón con la leche y la harina tamizada. Amasar bien hasta que tenga una consistencia buena para la manga pastelera (añadir más harina o leche si fuese necesario). Poner papel de horno en una bandeja de horno,  formar sobre ella unas pequeñas pastas y poner en medio una gotita de mermelada si se desea. Meter en el horno a unos 175º hasta que estén doradas. Sacar y dejar enfríar. Opcionalmente se pueden cubrir parte de ellas con chocolate.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Bufandas estreitas

Agora que vai frío, é preciso protexéla nosa gorxa, para elo nada mellor que unhas bufándas, a nós gustánnos particularmente as estreitas é longas, que se poidan enrroscar cando fai máis frío e levár a modo de fular cando vai menos, aquí vos deixo trés totalmente distintas unha da outra, ¿cál vos gosta máis?

Esta está feita a ganchillo, cunha lán moi suave e rematando con unha de peliño
A min paréceme moi lucida, e moi sinxela é remátase pronto.





Esta outra foi unha idea da miña filla Sara, que vira algo parecido en Beneton, é máis laboriosa pero bonita tamén, fixémola entre as dúas, mentras ela tecía eu ía cosendoas para que non se notara a unión.


Non me lembro agora de que marca é esta, sei que ovillos numco ten unha variedade igual, de feito téño na casa uns ovillos esperando para darlles uso.